Gracias por confiar en e³

Hoxe comeza una nova etapa na USC. Todos vós, a través da vosa confianza, fixéchedes partícipes a E3 neste novo periodo. Dende o noso equipo, e a través dos 3 representantes que formarán parte do Claustro da USC, pretendemos respostar a esa confianza con compromisos, logros e cambios.

É o momento de que emerxa unha nova Universidade, e dende E3 apostamos por comezar esa evolución dando voz ao estudantado nos órganos da USC nos que temos presencia. Queremos unha Universidade que sitúe ao estudantado no centro neurálxico da mesma: nós somos a Universidade. Por iso, reiteramos que as ideas, suxerencias, peticións que o estudantado posúe son de enorme relevancia: todos nós a través das nosas demandas outorgámoslle sentido a USC. Nós, dende as nosas posibilidades, intentaremos dar sentido ás solicitudes e esixencias.

Gracias por apostar polo cambio, por crer que unha USC mellor é posible, por valorar o poder do estudantado; pero, sobre todo, gracias por confiar en E3.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Comezamos

Comezamos. E que mellor punto de partida que relatar como chegamos ata aquí.

E³ nace como unha agrupación apartidista, que non responde a ideoloxías. A súa finalidade son os intereses, as necesidades reais do alumnado. Conseguir que todas as consecuencias negativas derivadas do contexto e do entorno no que nos atopamos repercutan na menor medida posible no estudantado e nas súas actividades foi o porqué da nosa constitución. Nós, do mesmo xeito que todos vós, somos estudantes con inquedanzas, ideas e intereses comúns que consideramos que é imprescindible desenvolver cambios ao noso favor.

A Universidade como institución cunha estrutura democrática permítelle o estudantado exercer cambios cando aprecian ou advirten situacións e accións no seu entorno que non lles resultan favorables mediante as diferentes eleccións (a Reitor/a, a Representantes de Claustro Universitario, a Xuntas de Centro e Consellos de Departamento).

O contexto actual no que nos topamos inmerso esixe cambios. Externamente, a crise económica impón retos imposibles ao alumnado: os sangrantes recortes en bolsas, a subida de taxas, o modelo educativo non adecuado aos novos tempos… E xa dentro da propia Universidade, a realidade é afín: unha normativa de permanencia que corta a autonomía do estudante; as negativas por parte da Universidade de pór a disposición infrastructuras para estudo, adaptándose ás necesidades do alumnado; a esixencia da acreditación dun nivel B1 dalgún idioma da UE para a obtención do Grao, finalidade para a cal a Universidade oferta medios escasos; a non revisión periódica dos Plans de Estudo das distintas Facultades para adaptarse aos retos do contexto actual… Todo isto impera cambios.

O cambio está en ti. ¡Participa!

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario