As nosas propostas

A formación de Estudantes de Económicas e Empresariais sostén uns obxectivos claros e de interese xeral. No caso de ser electos os seus representantes por parte do estudantado de Grado e Máster da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e³ expoñerá e defenderá no Claustro da Universidade de Santiago de Compostela as seguintes propostas:

  • Esixir que a Unidade de Becas da USC proporcione maior información aos bolseiros tanto da situación das súas solicitudes como dos trámites que lle son necesarios levar a cabo.
  • Requerir unha revisión da normativa de permanenza, co fin de adaptala ás necesidades académicas reais do alumnado.
  • Solicitar que alomenos unha das bibliotecas da Universidade permaneza aberta 24h durante o periodo de exames .
  • Reclamar unha adecuación dos calendarios académicos e estivais para evitar a realización de exames despois de rematar as vacacións de Nadal.
  • Pedir un incremento do número de prazas ou convoctorias de exame B1, proba indispensable para obter a titulación de Grao.
  • Solicitar unha revisión periódica dos Plans de Estudos das titulacións de Económicas e Empresariais, esixindo a súa adaptación ao contexto actual.
  • Solicitar unha maior facilidade e flexibilidade na seleción e adxudicacion das prazas de prácticas para estudantes de Grao e Máster.
  • Reclamar unha normativa máis clara e concisa no regulamento de concesions dos créditos ECTS por actividades extracurrriculares ou académicas.
  • Pedir unha maior dedicación e recoñecemento das horas adicadas ó Traballo Fin de Grado ou Máster por parte do profesorado, co obxectivo de que as titorías abarquen un espazo temporal máis amplo.

Ademáis, consideramos importante saber qué necesidades, problemas, dúbidas, propostas tedes, para o cal contades ca posibilidade de estar en continúa comunicación con nós mediante a sección Contacto.