Presentación

Estudiantes de Económicas e Empresariais (e³) é un colectivo de recente creación que está integrado por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela con inquedanzas, proxectos, ideas… Un grupo que busca conectar ao estudantado e ás institucións académicas, que pretende ser a voz e forza dos seus compañeiros e compañeiras, que actúa para lograr cambios.

O 25 de abril nas eleccións a Representantes de Claustro os estudantes da Facultade de Económicas e Empresariais elixiron a tres membros de e³ como representantes neste órgano.

En Xunta de Centro e³ é a organización estudantil maioritaria con 20 representantes.

¡A túa relación coa Universidade pode ser moi útil! ¡Participa!

Ponte en comunicación connosco mediante a sección Contacto.

Advertisements